¿Queres incrementar as reservas online do teu aloxamento?
Comercialización dixital
establecementos
Fegatur en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia colaboran no proceso de comercialización dixital de todos os establecementos de aloxamento rural de Galicia. Para tal fin está a promover a implantación do motor de reserva de RuralGest na plataforma galiciaturismorural.es, que nestes momentos está en proceso de actualización e potenciación.



Medidas actualizadas a 22 de outubro de 2020
Medidas COVID19
Limitacións xenéricas a un máximo de 5 persoas en todo Galicia e outras medidas específicas por concellos.
Recursos interesantes
Documentación
COVID19
Novas recentes sobre o impacto do covid19 no turismo rural, recursos de Fegatur, preguntas frecuentes, documentación, enlaces de interese,...

¿Queres incrementar as reservas online do teu aloxamento?
Comercialización dixital
establecementos
Fegatur en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia colaboran no proceso de comercialización dixital de todos os establecementos de aloxamento rural de Galicia. Para tal fin está a promover a implantación do motor de reserva de RuralGest na plataforma galiciaturismorural.es, que nestes momentos está en proceso de actualización e potenciación.


¿Cómo podo promover o comercio online no meu aloxamento de turismo rural?
Programa de comercialización dixital
Fegatur en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia colaboran no proceso de comercialización dixital dos establecementos de aloxamento rural de Galicia. Para tal fin está a promover a implantación do motor de reserva de RuralGest na plataforma galiciaturismorural.es.
Dende este mércores 22 de xullo xa é posible realizar reservas directas en establecementos de turismo rural de Galicia a través de galiciaturismorural.es. Esta iniciativa, froito do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Turismo Rural – Fegatur, arrinca cos establecementos que dispoñen do motor de reservas de RuralGest. De xeito paulatino iranse incorporando os establecementos que o desexen e que estean incluídos no REAT da Xunta de Galicia baixo o código TR. (hospedarías rurais, pazos e outras edificacións sobranceiras, casas rurais, aldeas de turismo rural)
Un dos retos que se afrontan coa medida 25 do Plan de reactivación do sector turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19 era que a Axencia Turismo de Galicia promovera a competitividade e innovación para a potenciación de plataformas online de comercialización de experiencias turísticas. Neste marco, Fegatur propuxo a creación dunha plataforma de comercio electrónico do turismo rural galego para todos aqueles establecementos rexistrados. Esta iniciativa, unha aspiración longamente agardada polo sector, logra por fin materializarse.
O proxecto desenvolverase por fases: A primeira arrinca neste mes de xullo coa reorientación da web galiciaturismorural.es para ila transformando na plataforma de comercio electrónico. Así comezará amosando aqueles establecementos que xa dispoñen do motor de reserva líder no turismo rural, RuralGest. Grazas a elo, as persoas viaxeiras interesadas poderán coñecer os establecementos e realizar a súa reserva directamente sen custe adicional. Máis de 175 aloxamentos aparecen na plataforma. Esta posta en marcha irá acompañada dunha pequena campaña de promoción en internet ca fin de acadar un bo posicionamento. Servirá, así mesmo, de proba inicial para ir desenvolvendo as melloras oportunas.
Deseguido poñerase en marcha unha segunda fase, na que acadar a incorporación de todos os establecementos que desexen integrar o motor de reserva para a súa comercialización. A información e a oferta turística dos xeodestinos da nosa terra irase vinculando aos establecementos, aportando unha visión integradora do turismo rural, facendo del a alternativa ideal, por segura, personalizada, próxima a entornos naturais e sen aglomeracións, algo tan demandado agora.
O outono é outra estación do ano na que os establecementos de turismo rural acollen a un grande número de persoas , en boa parte de Galicia ou comunidades lindeiras que buscan gozar desta época de vendima, das colleitas dos outonais froitos, da espectacular e colorida paisaxe que a natureza pinta na caída da folla e dos aromas, sabores e texturas que os aloxamentos ofrecen para celebrar e gozar da excelsa gastronomía.
Todos aqueles establecementos de turismo rural interesados na iniciativa poden sumarse cubrindo o formulario de rexistro ou enviando un mail a info@galiciaturismorural.viajes ou un whatsapp ao 631 179 252, en cuxo caso se recibirá unha chamada para completar os datos telefónicamente.

Recursos interesantes
Documentación
COVID19
Novas recentes sobre o impacto do covid19 no turismo rural, recursos de Fegatur, preguntas frecuentes, documentación, enlaces de interese,...

Preguntas frecuentes
Na medida en que non é posible abarcar todos os detalles na formación dirixida á implantación de medidas hixiénico-sanitarias proporcionada por Fegatur, ou que algúns aspectos son tan delicados que é preciso acudir ao Comité de expertos que asesora á Axencia de Turismo de Galicia para podelos respostar axeitadamente, iremos incorporando neste apartado aquelas PREGUNTAS FRECUENTES que se teñan formulado e que poidan resultar de interese para os establecementos de turismo rural de Galicia.
Preguntas frecuentes resoltas polo Comité de expertos da Axencia de Turismo de Galicia (versión 6 xullo)
[Preguntas frecuentes sobre el Covid19](Preguntas frecuentes sobre el Covid19) (Ministerio de Sanidad, versión 23 maio)
Teléfono de información a profesionais da Xunta de Galicia: 900 815 334
Axudas ao sector turístico por mor da Covid19: Presentación e Ficha Igape
Axudas a establecementos de hostalería e restauración, axencias de viaxe e outros locais turísticos, que cubrirán o 100% de investimento, ata 1.200 euros desde un mínimo de 300 euros. Irán destinadas a establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 metros cadrados.Tamén contarán con apoios do 80% do investimento a pemes de menos de 50 traballadores desde un mínimo de 1.500 euros ata un máximo de 3.750 euros.
Documentación
Como complemento aos recursos empregados nas accións formativas promovidas por Fegatur, achegamos os enlaces á documentación recopilada (manuais, informes, cartelería e outros recursos) que permiten profundizar e apoiar o traballo dos establecementos de turismo rural de Galicia. Na medida que se vaian actualizando ou aparecendo novos documentos, iranse incorporando neste apartado.
Aloxamentos rurais. Manual ante Covid19 Xunta de Galicia
Aloxamentos rurais. Cartaz establecementos ante Covid19 Xunta de Galicia
Alojamientos rurales. Guia ICTE_Covid19
Alojamientos rurales. Medidas para la reducción del contagio por el coronavirus SARS-CoV-2 (Especificaciones UNE 0066-6, ICTE)
Sitios singulares. Guia ICTE_Covid19 (dentro de Museos y Sitios Patrimoniales). Por similitude aplica a actividades guiadas en espazos abertos.
Mascarillas: Guía de compra e Uso correcto
Climatización e Ventilación Locais (Ministerio Sanidad) (subido 23/6/20)
Prensa escrita en restauración colectiva (Consellería de Sanidade)
Enlaces de interés
Neste apartado achegamos accesos ás principais fontes de información que manexamos para a busca de información, o que permite ampliar o alcance a ámbitos como restauración, actividades complementarias, etc.
a) Fontes a nivel Galicia
Galicia, destino seguro (Xunta de Galicia)
Manuais de aplicación ante a COVID-19 por sectores (Xunta de Galicia)
Nota informativa sobre a eficacia da desinfección de equipos e produtos biocidas para previr a Transmisión da Covid-19 (Consellería de Sanidade, 19 maio)
Información sectorial no ámbito da sanidade ambiental sobre coronavirus (Sanidade Ambiental, Sergas) Indicacións relacionadas con biocidas
b) Fontes a nivel estatal e internacional
Información actualizada sobre el Covid-19 (Ministerio de Sanidad)
Información actualizada sobre el Covid-19 (Unión Europea)
Información actualizada sobre el Covid-19 (Organización Mundial de la Salud)
Plan de transición para la nueva normalidad. Fase 3 (Ministerio de Sanidad)
Guías ICTE - Guías para la reducción del contagio por el coronavirus SARS-CoV-2 en el sector turístico
Especificaciones UNE para reducir riesgos frente al COVID-19 en el turismo (Secretaría de Turismo de España)
Historial de novas
4 novembro: Medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 en Galicia
4 novembro: Medidas en determinados ámbitos territoriais de Galicia polo que se declara o estado de alarma para conter a Covid-19
30 outubro: Medidas en determinados ámbitos territoriais de Galicia polo que se declara o estado de alarma para conter a Covid-19
22 outubro: Medidas preventivas para evitar a propagación da Covid (Fegatur) Resumo das medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
22 outubro: Resolución medidas de prevención (5 persoas e outras). Medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
15 outubro: Resolución medidas de prevención (10 persoas e outras). Medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
28 xullo: Protocolo actuación viaxeiros procedentes de fóra de Galicia. Todos aqueles viaxeiros procedentes de fóra de Galicia deberán informar á Xunta de Galicia. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os correspondentes datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.
Descargar o póster "Se chegas ou regresas a Galicia"
27 xullo: Resolución uso máscaras e outros (modificación). Modificacións nas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
18 xullo: Resolución uso máscaras (modificación). Modificacións nas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
27 xuño: Resolución Nova Normalidade da Xunta de Galicia (modificacións ao publicado o 13 de xuño). Aborda sobre todo temas de: Mascaras, Normas a contaxiados, Normas a sectores específicos non regulados na anterior norma.
13 xuño: Resolución Nova Normalidade da Xunta de Galicia. No documento foi subliñado os aspectos máis destacados que afectan aos establecementos de Turismo Rural.
9 xuño: Prensa escrita en restauración colectiva (Dirección Xeral de Saúde Pública)
8 xuño: Listado virucidadas (Sanidade Ambiental Estatal)

Quenes somos?
Galicia Turismo Rural
A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xunto coas asociacións de turismo rural de distintos xeodestinos, están a promover un plan de apoio ao turismo rural galego que posibilite abordar a etapa post-covid19 con garantías hixiénico-sanitarias e, ao mesmo tempo, dinamizar o arranque desta nova etapa por parte dos establecementos de aloxamento rural.
Esta campaña é posible grazas a un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).

¿En que consiste esta iniciativa?
Plan de apoio ao Turismo Rural 2020
O acordo sectorial entre o conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) tivo como consecuencia o tratamento das seguintes liñas de acción:
1. Dentro do Programa "Galicia destino seguro", un Plan de formación e implantación de medidas hixiénico-sanitarias ante a Covid-19 para os establecementos de aloxamento rural, que contribúa a unha inminente reapertura do sector con plenas garantías para os clientes.
Asimesmo, e para as persoas propietarias ou que xestionan aloxamentos de turismo rural e que teñan participado nalgunha de ditas webinars de formación, serán convocadas a unha nova formación na que ademáis de reforzar a implantación do Plan de limpeza e hixiene e as medidas de seguridade no traballo, seranlles presentadas plans e medidas de promoción, comunicación, comercialización e xestión que se están a procurar para a reactivación da actividade dos establecementos, e o servizo de consulta personalizada.
2. Un Plan de comercialización dixital para o sector do turismo rural no que teñan cabida os 555 establecementos de aloxamento rural que forma parte do REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) coa matrícula TR. Para elo estase a abordar a creación dunha plataforma dixital a través da cal todo o mundo poida achegarse ao turismo rural de Galicia e reservar en calquera dos aloxamentos ofertados. Así, ademais dos datos recollidos na ficha de cada aloxamento, disporá dun potente motor de reservas.
Asimesmo dita web será canle de información e formación para as persoas propietarias e /ou que xestionan os establecementos adheridos a esta iniciativa. O obxectivo é que as reservas online de turismo rural en Galicia se poidan realizar dun xeito sinxelo e áxil. De acordo coas principais preferencias amosadas polos clientes para, nun entorno natural, disfrutar dun turismo sostible, tranquilo e seguro.
Términos e condicións de uso
Aviso legal
Condicións e termos de uso
O responsable do ficheiro, a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), recolle estes datos a través de Google Forms para o control da inscrición ás accións formativas de Fegatur. Ao marcar a casiña de aceptación das o teu consentemento. Esta información quedará almacenada nos servidores de Google. Podes ver a súa política de privacidade en policies.google.com/privacy . Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como a exercitar outros dereitos ou revocar o consentimento segundo o previsto na política de protección de datos que se detalla a seguir.
Protección de datos de caracter persoal
A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española que se exercerá con arranxo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos, e nas disposicións normativas estatais de aplicación.Enténdese por dato de carácter persoal como toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (persoa interesada); considerarase persoa física identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa.
Quen ten a responsabilidade do tratamento?
A responsabilidade do tratamento tena o órgano ou entidade que determina os fins e os medios do tratamento dos datos persoais. En cumprimento co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos, comunicámoslle que a responsable das actividades de tratamento dos seus datos é a a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur):
· Fegatur, Cidade da Cultura (CEM), Monte Gaiás s/n. 15717 Santiago de Compostela
· 981 569 306
· fegatur@gmail.com
Existe un delegado/a de protección de datos con quen que poida contactar?Si; as persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos (DPD) a través de correo electrónico a fegatur@gmail.com
Que se considera tratamento de datos?
Calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, o rexistro, a organización, a estruturación, a conservación, a adaptación ou a modificación, a extracción, a consulta, a utilización, a comunicación por transmisión, a difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
Con que finalidade trataremos os seus datos?
Fegatur tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para xestionar os diferentes procedementos administrativos relacionados coas súas actividades formativas. Ademais, os seus datos poderán ser tratados para xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.
Cal é a base que nos lexitima?
A base legal para o tratamento dos seus datos persoais pode ser a execución dunha relación contractural potencial e/ou suscrita, o interese lexítimo, a habilitación legal e/ou consentimento do propio interesado. En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais. Os datos que lle solicitamos son axeitados, pertinentes e estrictamente necesarios e en ningún caso está obrigado a facilitárnolos, pero a súa non comunicación poderá afectar á finalidade do servizo ou a imposibilidade de prestalo.
Durante canto tempo trataremos os seus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.
Cederemos os seus datos?
Fegatur non comunicará os seus datos a ningún terceiro, agás que se informe dilo expresamente. De ser así, as cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.
NORMATIVA DE APLICACIÓN
• Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
• Real decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da administración electrónica
• Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.